¿Quen somos?
A Jalleria é unha asociación sen ánimo de lucro. A semente da asociación nace no 2013 pola iniciativa dun grupo de mozos e mozas do colectivo forestal que comparten a súa interese común polo medio natural. Cremos firmemente no valor dos nosos montes e na importancia do seu uso múltiple e sostible.
Para acadar estes obxectivos, consideramos fundamental promover o estudo e coñecemento do noso entorno natural, organizando, ca túa axuda, diferentes tipos de iniciativas e proxectos que nos axuden a conservar e mellorar os nosos espazos naturais, intentando crear o interese e a participación da veciñanza: roteiros guiados, cursos, xornadas de voluntariado e calqueira outra actividade que contribúa ca natureza.
Pretendemos consolidar a educación ambiental como ferramenta beneficiosa para a sociedade, fomentando e promovendo o coñecemento e estudo do medio natural e mostrar o monte, como fonte de recursos, oportunidades e futuro.
Saúde e monte!

